I Xornadas de Zanfona
2021dom03ene10:00dom16:00I Xornadas de ZanfonaOrganiza e imparte Suso Vaamonde
Detalles del evento
Detalles del evento
Contenido del curso
- 10:00 horas – Afinación e mantemento básico do instrumento. A resina e o algodón.
- 12:00 horas – Almorzo de media mañá.
- 12:30 horas – Diferentes técnicas para a repetición de notas. – Direción da roda: adiante e atrás. O “can de palleiro”. Estética actual para tocar o can con carácter galego. Audicións históricas
- 14:30 – Almorzo “Zanfoneiro”
Despois do xantar entregaráse diploma acreditativo, e faráse sobremesa musical libre.
Prazas limitadas: Mínimo 10 – Máximo 20 persoas para o curso.
Data límite da Inscripción 29 de Decembro
Manteránse en todo momento os protocolos Covid19, e será obrigatorio o emprego de máscara, agás nos momentos nos que se teña que comer ou beber.
Inscripción: gaiteiro5000@gmail.com
Prezo do curso : 30 euros / Prezo do Xantar: 25 euros
MENÚ
Mexilóns en escabeche natural
Espuma de San Simón con ovo a baixa temperatura
Solombo de porco con puré de castañas
Sopa de chocolate branco con xeado de fresa.
Bebida ( viño, auga e cervexa), pan e café.
Distancia mínima entre comensais non convivintes: 1 metro
Reservas: casa@apedreira.com
Desconto Pack Curso + Menú: 50 euros
Suso Vaamonde Manteiga, Músico intérprete e Mestre de instrumentos populares (Visantoña, 1970) é Licenciado en Filoloxía Clásica pola Universidade de Santiago de Compostela, e posúe o Título Profesional de Gaita polo Conservatorio Mayeusis de Vigo.
É o director, coordinador e profesor da Escola de Instrumentos Populares Galegos “Suso Vaamonde”, en Caldas de Reis, e tamén da Aula Permanente de Música Tradicional (Vicerreitorado do Campus de Pontevedra). Ademáis é Mestre de instrumentos populares na Escola de Música e Baile Tradicional do Concello de Outes, na asociación A Fuliada (Betanzos), na asociación Hai que Roelo (Cuntis), e na Escola de Música de Salceda de Caselas. Por outra banda, engadir que é mestre de acordeón e zanfona na Agrupación Tequexetéldere (A Estrada) dende outubro de 2020, e que imparte clases “online” de instrumentos populares galegos dende o mes de maio do mesmo ano.
Formou parte de grupos tan prestixiosos como Xacarandaina, Ballet Galego “Rey de Viana”, Leliadoura, Luvas Verdes, Cantata Vernácula, Trío “Vaamonde, Lamas e Romero”, coro histórico “Aires da Terra: o legado de Feijóo”… Actualmente desenvolve a súa actividade musical nos espectáculos “De tradición” con Suso Vaamonde, e Clásicos “á galega” (Suso Vaamonde con Banda de Música) e “24 Instrumentos Populares Galegos” (Suso Vaamonde e Xosé Lois Romero).