GALERÍA
ACTIVIDADES
TARIFAS
Nos seus arredores a paisaxe galega ofrécenos a beleza dos seus campos, dos seus ríos e o ouro barroco dos seus bosques en outono.
   
CUARTOS

Na Pedreira hai dez cuartos dobres, moi amplos e luminosos; todos con vistas ao xardín. Dous abufardados. Os cuartos teñen unha coidada decoración campestre e dispoñen de TV.
O baño de cada cuarto é completo, con secador de pelo. Algúns cuartos dispoñen de espacio para por, se se desexa, camas supletorias ou berces, para disfrutar da nosa casa en familia.

ZONAS COMÚNS

O noso amplo comedor acolleravos polas mañás cun almorzo tipo buffet, e polas noites poderedes disfrutar de ceas caseiras, elaboradas cos mellores produtos da nosa terra. Unha cheminea clásica dará calor nas noites de inverno.

No exterior da casa hai dúas grandes terrazas e zonas verdes para disfrutar da naturaza, poder relaxarse na boa compaña ou cun libro. Os nenos dispoñen de espacio para correr e xogar. Tamén temos bambáns para eles.
Na finca hai aparcamento para os vehículos dos nosos hóspedes.

Biblioteca Salón
XARDÍN

Os 8.000 metros de predio transformáronse nun coidado xardín rústico, no que a piscina armoniza co cabazo e o pombal, emblemas noutros tempos da puxanza da vella casa labrantía. Un manancial alimenta tres estanques, e na pradería afirman a súa presenza centenarios exemplares de camelios, magnolios, castiñeiros, carballos…