Benvidos á Pedreira. Un sono feito realidade….
A finais do século XIX, A Pedreira era unha acomodada casa de labranza. Hoxe ofrécese coma un pequeno hotel rural, no que conviven o disfrute da natureza e a calor do trato persoal.
A Pedreira é ideal para pasar días de descanso en familia ou con amigos, para compaxinar traballo e lecer ou, simplemente, para disfrutar da paisaxe, da historia, da arte, dos costumes e da gastronomía de Galicia.
A casa sitúase nun enclave privilexiado no que abundan árbores nobres que ofrecen coracións diferentes e maravillosas nas distintas estacións do ano.
Na primavera, as camelias tinguen de vermello e branco ao tempo que abrollan as polas de castiñeiros e carballos. No outono dominan os amarelos e ocres, mentres laranxeiras, cerdeiras e outras árbores ofrecen generosamente os seus froitos. No verán, distintas tonalidades verdes relaxan o espírito mentres escoitamos as cantarinas augas dos pequenos regueiros que surcan a finca da casa. No inverno, tenues raiolas de sol atravesan as nús armazóns das árbores caducifolias ata reflectir na herba e nos estanques.
No ambiente, ao longo do ano, recendos de plantas aromáticas, cantos de paxaros, paz, acougo ...
Nalgún intre unha parella de rulas pousa no cume do antigo pombal, no interior do cal pódense ver os niños das pombas. Bubelas, merlos e torcazas repousan nos tellados do hórreo que aínda protexe o gran da choiva invernal. Gorrións, anduriñas, e xílgaros beben nos regatiños da finca. Nos estanques e mesmo na piscina ollamos deslizárense, cando se atopan seguros, alavancos reais e outras ánades. Entre os fieitos e os cercados, perdices e paspallás. As grandes magnolias, os abetos e os piñeiros son preferidos polos gabiáns e miñatos.
Ao lonxe escoitamos os sons inconfundibles do cuco, do peto real e do corvo, mentres polo prado corrican anduriñas e lavandeiras.
En días de vento mareiro, é dicir, cando o vento sopra do cercano mar da Ría de Arousa, achéganse as gaivotas cos seus característicos axiridos, mentres se acurrunchan entre os rosais e as plantas ribeiráns dos estanques grupos de paporrubios, verderolos e pimpíns.
Á noitiña, curuxas e mouchos comunícanse; os demais paxaros dormen....
|