PRG 20 - Circular de Cuntis
- Accesos: Cuntis. N-640 A Estrada - Caldas de Reis.
- Lonxitude: 24km
- Punto de Partida / Chegada: Cuntis / Cuntis
- Percorrido: Cuntis, Mesego, Vilar do Mato, Cequiril, Fontecova, Cuntis
- Dificultad: Baixa
- Duración: 6h
- Conexións: GR 94; PRG 21
- Material: Comida e calzado cómodo.
- Servizos: En Cuntis e outras poboacións cercanas.
Carreiro de longo percorrido e de media montaña. Ao longo do camiño podemos observar antigos traxectos lousados en pedra. A auga é outro elemento con gran presenza. O río Gallo acompaña ao camiñante durante os primeiros tramos e o Umia desde O Pontón a Ponte Sampaio, pasando por Cequiril e Fontecova, para regresar finalmente a Cuntis.
De interese: - Vistas de Catadoira e Camiño Ferrón - Pozas e fervenzas do río Gallo - Aldeas de Cequeril, Fontecova e Rogadío.
PRG 21 - Cuntis-Valga
- Accesos: Dende Ponte Valga: N-550. Dende Cuntis: N-640
- Lonxitude: 17km
- Punto de Partida: /Chegada: Cuntis / Ponte Valga (Valga)
- Percorrido: Cuntis, Vilariño, Ribocias, Raxoi, Ponte Valga
- Dificultade: Media
- Duración: 4h 30'
- Conexións: PRG 20, 22
- Material: Calzado cómodo para herba e asfalto. Recomendable levar comida.
- Servizos: Abastecemento en todos os núcleos de poboación.
A consecuencia da súa orografía, existen multitude de desniveis que non impiden que o percorrido sexa cómodo. Une os núcleos de Cuntis e Valga por medio de vellos camiños que se remontan mesmo á época dos romanos. Estes camiños conducen dende Cuntis, pasando por Xiri e Vilariño, ata Barraña, onde se continúa por unha pista agrícola. En Ribocias tómase o carreiro forestal cara a Os Martores e Laceiras. Camiño de Raxoi, atopamos a fervenza do Valga, dende onde se descende a San Miguel e, de alí, a Ponche Valga, final do percorrido.
De interese: - Restos de vías romanas - Vila balnearia de Cuntis - Capela de Os Martores (ara romana do século I dedicada a Mercurio) - Petróglifo de Camporredondo (Pedra dás Serpes, nas proximidades de Laceiras) - Fervenza de Valga (fervenza) - Igrexa e reitoral de San Miguel de Valga.