Folgar,32 - Troáns • 36675 Cuntis • Pontevedra
Telf.: 986 548 317 • Fax: 886 98 40 23• Mobil: 610 212 147
mail: casa@apedreira.com
Calidad turística Rusticae
A Pedreira

Rias Baixas...

As Rias Baixas pódense gozar nas catro estacións do ano. As posibilidades son infinitas: excelente gastronomía, viños de alta calidade, rutas culturais, deportes, termalismo, magníficas praias para gozar no verán e pasear nos nosos invernos suaves.


O noso reto é facervos gozar ao máximo de Galicia e para iso mostrámosvos unha pequena variedade do amplo abanico de posiblidades que posúe as nosa rias baixas.

 

 

 

balneario

Terra de Auga e Balnearios

A Pedreira, como establecemento colaborador do Balneario Termas de Cuntis, S.L. ofrece aos seus hóspedes os seguintes tratamentos.

más información

Combarro: Conxunto histórico-artístico

Combarro
Entre a rúa por excelencia que delimita a costa cunha liña de hórreos e a rúa de atrás ou de San Roque, hai toda unha disposición espacial de hórreos. Mirando ao mar hai un espazo presidido polos hórreos e reservado para os traballos. Estes hórreos, uns trinta, forman un dos maiores conxuntos de Galicia coa singularidade ademais da súa localización costeira. Sobre o propio afloramiento granítico levántanse as pequenas casas mariñeiras con delicados traballos de cantaría.

Praias...

Salpicando a nosa costa pódense atopar multitude de praias de enorme beleza.

Praias
Islas Cies

Illas Atlánticas de Galicia

Dende a ría de Arousa ata a de Vigo encadéanse estas illas, Cortegada, Sálvora, Ons e Cíes, que forman o Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, emerxendo do océano e embelecendo a paisaxe mariña coa maxia dos seus cantiis. Nas súas entrañas, no fondo do mar, gárdanse as máis prezadas riquezas ecolóxicas deste Parque Nacional, custodiadas polos canóns dos antigos buques aquí afundidos. É sen dúbida un lugar onde descubrir os misterios e lendas do Atlántico.

Nas Illas Cíes atópase a Praia de Rodas, a praia máis bonita do mundo segundo o diario británico The Guardian.

Establecemento recomendado por:

FacebookTop RuralLas opiniones de viajeros más leidas del mundoRusticaeEl viajeroNo todo hotelesRural Gest

Folgar,32 - Troáns • 36675 Cuntis • Pontevedra • Tel-Fax.: 986 548 317 • Móbil: 610 212 147 • mail: casa@apedreira.com
• Aviso Legal      • Desarrollado por:novosmedios