Folgar,32 - Troáns • 36675 Cuntis • Pontevedra
Telf.: 986 548 317 • Fax: 886 98 40 23• Mobil: 610 212 147
mail: casa@apedreira.com
Calidad turística Rusticae
A Pedreira

Entorno…

O noso reto é facervos gozar ao máximo de Galicia e para iso mostrámosvos unha pequena variedade do amplo abanico de posiblidades que posúe a nosa terra.


Marian y Eric

Torre de Hércules

Cascada del Rio Toxa
O faro romano máis antigo do mundo e que aínda está en funcionamento, que alumou coa súa presenza ou a súa luz a miles de persoas nos centos de anos da súa existencia, é Patrimonio da Humanidade. A Torre é hoxe símbolo da cidade de A Coruña

As nosas fervenzas...

Cascada del rio XallasCascada del Rio Toxa

A nosa terra está asucada de numerosos rios e regatos que en ocasións debuxan no seu percorrido espectaculares caídas de auga. Entre outras destacan:

Encaixada entre as ladeiras do Monte Pindo, atópase un dos espectáculos naturais que podemos gozar en Galicia: a fervenza do rio Xallas en Ézaro (Dumbría), a única que en Europa cae directamente ao mar.

Pola súa banda, e sen envexar nada a outras, pouco antes de que o río Toxa se xunte co Deza xorde a fervenza do rio Toxa, probablemente a maior caída directa de auga de Galicia .

castro baroña

Outras maravillas...

Castro Baroña (Porto do Son), Costa da Morte (Finisterre, Camariñas, Malpica...), O Monte de Santa Tecla (A Guarda), A Praia das Catedrais (Lugo), Viveiro (Lugo), Os Ancares (Lugo), Rivadavia (Ourense), Cabeza de Manzaneda (Ourense), Allariz (Ourense) ...

cañones del sil

Cañóns do Sil

Na Ribeira Sacra o monumental non está rifado co espectacular, o sublime co sobrecogedor, a man do home coa natureza. Todo conforma un cúmulo de sensacións, ás veces distintas, nun mesmo espazo físico sobre realidades que rozan o antagónico. Fronte ao íntimo da Ribeira Sacra, os canóns do Sil desfanse en centos de panorámicas abertas a moitos municipios e aínda a outra provincia, Lugo, de infinitas vistas.

Sobre desniveis que ás veces son precipicios, o Sil recórtase profundo, a aventura suponse en calquera lugar e ata voar antóllase un capricho fácil. Paredes escarpadas forman unha sucesión aos ollos do observador, que acaba sempre perdido na tarefa de establecer relativas proporcións para determinar a súa absoluta grandeza.

Fragas do Eume

As Fragas do Eume son un ecosistema único en Europa. Foi declarado Parque Natural en 1997. Está salpicado de muíños en ruínas, mosteiros e un castelo. Por iso non é estraño que o viaxeiro quede algo hipnotizado pola beleza dos paseos coma se dun bosque encantado se tratáse.

Fraga do eume

Muralla de Lugo

muralla
O centro de Lugo, a antiga Lucus Augusti, está rodeado por unha Muralla romana de 2.266 metros de circunferencia. É a única no tres continentes polos que se estendeu o Imperio Romano que conserva íntegro o seu perímetro.
Por esta razón, o 2 de decembro do ano 2000 a UNESCO inscribiu oficialmente a Muralla de Lugo na lista de monumentos declarados Patrimonio da Humanidade.


Establecemento recomendado por:

FacebookTop RuralLas opiniones de viajeros más leidas del mundoRusticaeEl viajeroNo todo hotelesRural Gest

Folgar,32 - Troáns • 36675 Cuntis • Pontevedra • Tel-Fax.: 986 548 317 • Móbil: 610 212 147 • mail: casa@apedreira.com
• Aviso Legal      • Desarrollado por:novosmedios